"SEGUE TI"

NOVIDADE   😉
Unha experiencia nova para os intrépidos escritores do noso instituto.
O concurso "Segue ti" proponche emular aos grandes autores da literatura universal.
O primeiro día de cada mes a partir de novembro colgaremos no blog o comezo dun microrrelato dalgún autor coñecido. Desde ese momento poderedes poñervos a redactar o voso propio relato inédito e orixinal que continúe a historia.
O único requisito é que teña entre 150-200 palabras.
O último venres do mes, reunirase o xurado formado polo equipo de colaboradores e colaboradoras da Biblioteca. O relato gañador do mes publicarase no blog.
En abril, escolleranse os gañadores do ano, que serán premiados con motivo do Día do libro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes