IV CONCURSO LITERARIO DE RELATOS DE MISTERIO E DE TERROR "GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER"


Como diría o propio Bécquer, cada ano "volverán as escuras anduriñas..." e tamén, como cada Samaín, volve ao noso instituto o concurso de relatos de misterio e terror.
Procurade que as vosas historias sexan tan escuras como as anduriñas e nos deixen tremendo de medo e asexando polas esquinas por se un monstro terrorífico aparece de súpeto.
As bases do concurso están expostas no taboleiro da vosa aula. Recordade que o prazo de presentacióndos traballos remata o venres 20 de outubro.
Os premios entregaranse na Biblioteca no segundo recreo do venres 28 de outubro.
Esperamos os vosos relatos con impaciencia!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes