lunes, 19 de junio de 2017

Despedida do curso

Merecidas vacacións!!!!!!!!!
Remata un curso cargado de actividades e situacións que lembraremos para sempre... non queremos marchar sen darlle as grazas unha vez máis  ao noso marabilloso alumnado colaborador que tanto contribuiu durante estes meses ao bo funcionamento da biblioteca.
Esperamos seguir contando con vós!!!!
Proximamente desvelaremos en que consisten os novos proxectos e seccións nos que xa estamos traballando... namentres, desexámosvos que disfrutedes dunhas merecidas vacacións e que non olvidedes que un libro sempre é un estupendo compañeiro de viaxe.
Vémonos en setembro con  novas lecturas, novos mundos de fantasía e moitas novidades!!!!!
Unha forte aperta,
O equipo de biblioteca

jueves, 1 de junio de 2017

Despedida ao alumnado de segundo de Bacharelato

Ata sempre querido alumnado de segundo de Bacharelato!!!
Despois do precioso acto de gradación e destas últimas visitas ao Santa Irene, dende o grupo de biblioteca queremos desexarvos moita sorte na ABAU. Esperamos que a nova etapa que iniciades sexa moi enriquecedora para todos vós e que nunca esquezades que a literatura é unha boa compañeira nos bos momentos e nos non tan bos.
Unha forte aperta!!!





miércoles, 17 de mayo de 2017

Vídeo de El Quijote

Bo día!!
As vosas compañeiras de 1º da ESO fixeron un vídeo da man da profesora Beatriz Dieste Quiroga no que se fai unha interpretación actualizada dalgúns episodios de El Quijote.
Dende aquí queremos darlles os nosos parabéns a estas fantásticas actrices e perdirvos que accedades a páxina www.vicensvives.com/quijote para visualizar e votar polo seu vídeo.

E como se di neste mundo da farándula... Moita merda!!!!!!!!


viernes, 12 de mayo de 2017

Gañadores dos concursos

Unha vez máis, moitas grazas pola vosa participación e noraboa a tódolos gañadores dos concursos de ortografía e de portadas de El Quijote.
O curso vai rematando e quedan poucos eventos que festexar, pero iso non significa que a biblioteca non continúe a tope de actividade. Podedes pasar pola sala para coñecer todas as novidades de literatura xuvenil que acaban de chegar... estamos seguros de que vos encantarán porque corresponden as vosas propias suxestións.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes que recollen as distintas actividades da semana do libro.










viernes, 28 de abril de 2017